Lugo acolle o XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO de Galicia

    En la foto: Julián Gutiérrez, Secretario General de Pensionistas CCOO; Jesús Varela Lodeira, Secretario Comarcal de CCOO de Lugo, Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo; y Ramón Sarmiento, Secretario General de CCOO de Galicia.

    07/11/2017.
    XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO de Galicia

    XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO de Galicia

    A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO organiza do 7 ao 9 de novembro o XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CCOO, que nesta ocasión terá lugar no hotel Méndez Núñez, en Lugo.

    Nesta acción informativa trataranse cuestións de interese para este colectivo, como o sistema público de pensións, o papel das mulleres na Federación Europea de Pensionistas, a permanencia no sindicato tras o inicio da xubilación, o sistema sanitario ou a situación social das mulleres galegas.

    Todos estes temas serán tratados por especialistas de diversas procedencias, como a deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, o economista Manuel Lago, o doutor Agustín Reoyo ou o sociólogo Enrique Martín-Serrano, entre outros.

    Díptico: http://www.ccoo.gal/comunes/recursos/11/2353885-Diptico_%5BPDF%5D.pdf

    http://www.ccoo.gal/webgalicia/O_teu_sindicato:Federacions_Nacionais:Pensionistas_e_Xubilados:Actualidade:1028893--Lugo_acolle_o_XV_Seminario_de_Atencion_as_Persoas_Maiores_de_CCOO_de_Galicia

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.