CCOO propone mejoras al sistema de pensiones y a la red de atención a personas mayores

    Comisiones Obreras presentó las principales conclusiones del 'Observatorio Social de las Personas de Edad 2018', preparado por la Federación Estatal de Jubilados y Jubilados del sindicato. También propuso mejoras para el sistema público de pensiones, así como para toda la red de atención para las personas mayores, con especial énfasis en las vacantes en las residencias de ancianos.

    20/12/2018.
    Rueda de prensa en Santiago de Compostela

    Rueda de prensa en Santiago de Compostela

    Las prestaciones en Galicia se encuentran entre las más bajas del estado, mientras que la comunidad autónoma tiene uno de los peores "ratios" de vacantes en hogares residenciales de ancianos

    CCOO propón melloras para o sistema de pensións e a rede de atención ás persoas maiores

    martes 18 de decembro de 2018

    As prestacións en Galicia sitúanse entre as máis baixas do Estado, ao tempo que a comunidade autónoma ten unha das peores 'ratios' de prazas en residencias da terceira idade

    Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe as principais conclusións do 'Observatorio social de las personas mayores 2018', elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. Tamén propuxo melloras tanto para o sistema público de pensións, como para toda a rede de atención ás persoas maiores, con especial énfase nas prazas en residencias da terceira idade.

    Na comparecencia perante os medios de comunicación tomaron a palabra o secretario xeral estatal da Federación de Pensionistas e Xubilados (FPX-CCOO), Julián Gutiérrez, o secretario xeral da FPX-CCOO de Galicia, Carlos Mella, e o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento.

    Segundo datos do Observatorio, Galicia ten 764.000 persoas pensionistas, que perciben unha prestación media de 793,34 euros mensuais. Isto significa que se sitúan entre as de menor contía de todo o Estado, onde a media ascende a 937,19 euros.

    Polo tipo de pensión, destacan as de xubilación, que supoñen máis da metade do total (62,3 %). Neste caso, a contía media en Galicia é de 904,32 euros mensuais, novamente a moita distancia do valor medio no Estado, que se eleva a 1083,67 euros. A galega é a segunda comunidade autónoma coa contía máis baixa, pois só Estremadura (892,67) ten peor dato. No polo posto sitúanse o País Vasco (1339,27), Asturias (1315,14), Madrid (1277,27) e Navarra (1229,58).

    Tres provincias galegas entre as dez máis avellentadas

    O proceso de avellentamento da poboación non é homoxéneo no Estado español. O peso da poboación de más de 65 anos sobre o total é especialmente relevante en Galicia, Asturias e Castela e León, onde se sitúa ao redor do 25 %. No polo oposto están Murcia e os arquipélagos das Baleares e das Canarias (15 %). Segundo datos recollidos no Observatorio, das dez provincias con maior porcentaxe de persoas de 65 anos ou máis, tres son galegas (A Coruña, Lugo e Ourense).

    Déficit de recursos

    O Observatorio presenta unha panorámica das condicións de vida das persoas maiores, o seu estado de saúde, os seus recursos tanto económicos como de protección social e os riscos específicos aos que se enfrontan, con especial atención ao sistema de pensións e ao sistema de atención á dependencia.

    Neste contexto, CCOO chama a atención sobre o déficit existente en Galicia canto a prazas residenciais para a terceira idade, máis aínda tendo en conta o avellentamento da poboación galega. A comunidade autónoma ten unha das peores ratios neste sentido, pois só ofrece prazas para o 3 % da poboación maior de 65 anos.

    Só o País Valenciano (2,9 %), a Rexión de Murcia (2,3 %), as Illas Canarias (2,2 %) e a cidade autónoma de Ceuta (1 %) teñen peor cobertura. As mellores ratios rexístranas Castela e León (7,6 %), Castela-A Mancha (6,9 %) e Aragón (6,5 %). É salientable que a comunidade con mellor cobertura é, coma Galicia, unha das máis avellentadas; de feito, se Galicia ten tres provincias entre as dez con maior poboación da terceira idade, a comunidade castelán-leonesa ten seis.

    Ante esta carencia, o secretario xeral da FPX-CCOO de Galicia instou as Administracións a se implicaren na procura de solucións. O seu homólogo estatal, Julián Gutiérrez, tamén se expresou no mesmo sentido, lembrando que con isto «conseguiríase xerar emprego». Pola súa parte, o secretario xeral de CCOO de Galicia lembrou o traballo realizado polo sindicato con proxectos como o presentado hai meses para converter o antigo Hospital Cíes de Vigo nunha residencia da rede pública, «pero as Administracións implicadas non parecen interesadas», lamentou Sarmiento.

    'Observatorio Social de las Personas de Edad 2018': http://www.pensionistas.ccoo.es/09915283a4eb0aee83a9ed592065a20c000059.pdf

    http://www.ccoo.gal/webgalicia/Inicio:1047916--CCOO_propon_melloras_para_o_sistema_de_pensions_e_a_rede_de_atencion_as_persoas_maiores

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.